CCOO en PSA Groupe Vigo | 21 de noviembre de 2024

MEDIDAS IMPLANTADAS EN M-2 (III)

    Protocolo Composicións

    Unha das nosas prioridades neste proceso foi conseguir este protocolo. Desta maneira convertese nunha ferramenta que nos permitirá exixir a súa aplicación cando se produzan alteracións nas composicións. É certo que na M-1 conseguirase, fai dous anos, un funcionamento similar, pero ata o de agora nunca fora un documento, outorgándolle oficialidade e converténdose nunha medida de aplicación obrigada.

    11/07/2019.
    Protocolo

    Protocolo

    Útil CDT

    Outro dos mecanismos que puxeron en marcha para corrixir as alteracións das composición e o CDT. Trátase duna pantalla que xa esta implantada en todas as UEP ́S que permítelle a os Encargados e os Monitores coñecer en tempo real cal e a composición que esta entrando no seu Taller. Desta maneira o/a operario/a tería a información e o seu posto seria reforzado no momento no que se vea impactado por unha alteración da composición.

    Esta palanca de mellora, estamos comprobando, que non se esta desenrolando da maneira que nos desexamos, xa que a maioria dos Encargados non están informando aos/ás Operarios/as do momento cando van a sufrir alteracións, nin os Monitores dan feito para reforzar os postos cando estes son impactados.

    Por este motivo seguiremos exixindo a súa correcta aplicación xa que rebaixaría substancialmente a sobrecarga que actualmente soportan os/as operarios/as.

    Documentación asociada
    Documentación asociada