CCOO en PSA Groupe Vigo | 21 de noviembre de 2024

MEDIDAS IMPLANTADAS EN M-2 (II)

    Internalización

    Sendo esta unha das reivindicacións xerais, tendo en conta o volume de traballadores/as limitado ou desempeñando un posto non acorde as súas limitacións, a necesidade de postos fora de liña faise cada vez máis necesario para poder continuar a vida laboral. Neste punto, a día de hoxe, recuperáronse actividades para 23 traballadores/as:

    09/07/2019.

    .- De GEFCO foron un total de 8 Lot de abord, 5 traballadores/as; Barriletes, 3 traballadores/as

    .- De ALSERVI foron un total de 5 Gaches K-9 2 traballadores/as; Clipado fachada PDB UEP-54, 2 traballadores/as; Parabarros 1 traballador/a

    .- P-24 Preparacións Baixos Nave P foron un total de 10 postos

    As tres Centrais Sindicais entendemos que inda quedan moitas actividades que recuperar. Estamos a falar dun volume importante de Plantilla con Limitacións o que nos ten que obrigar a esixir moita da actividade que hoxe en día está a realizarse por auxiliares que traballan dentro de PSA.

    Información e Formación sobre Repartos

    A Dirección definiu un protocolo de actuación sobre cambios de repartos que consiste en:

    .- Durante a semana anterior a súa aplicación, o/a traballador/a deberá contar coa información e formación necesaria sobre o novo reparto para poder desempeñalo con plena autonomía (Semana -1).

    .- O RU terá que cubrir na aplicación CDT, o día no que lle foi entregado o reparto ao/a traballador/a a nova folla de reparto. Esta acción terá un seguimento pola Xerarquía.

    .- Na semana seguinte a posta en marcha do reparto, realizarase un seguimento do posto (semana +1) para valorar, co Servizo Técnico, a validación do mesmo.

    .- Se non se valida a configuración do novo reparto, na semana seguinte (semana +2) definiranse as medidas necesarias para melloralo.

    .- Namentres non se adopten as medidas correctoras, as cales teñen que concretar prazos de aplicación, o posto de traballo estará reforzado ata que se apliquen ditas modificacións.

    Sobre este protocolo, si ben ata o de agora non dispúñamos de ningunha ferramenta para que os/as traballadores/as puidesen utilizar ao seu favor, non compartimos que se teña que esperar tanto para arranxar un posto que non funciona. Temos como exemplo a UEP 8. Dende o mes de Maio que se eliminou un posto baixo caixa, a día de hoxe, seguen sen devolver o posto inda que elo supoña ter persoal velando.

    Protocolo de Manipuladores

    O pasado 24 de Xuño, a Dirección, presentou ao Comité de Seguridade e Saúde, o censo dos útiles así como o calendario no cal está planificado a súa revisión.

    Está pendente definir mellorar a utilización, o manexo e a actividade do operario/a cando estes fallen.

    Marcado en superficie do tramo de posto

    Un compromiso que demandábamos a Dirección e que estaba provocando molestias continuas aos/as traballadores/as, era a falla de limitación de espacio que dispón cada posto para realizar o reparto.

    Este fin de semana realizouse o marcado de posto na UEP-61 que era a que quedaba pendente. Quedando así definidos tódolos postos da Liña de Produción da M-2.

    Rotacións

    Neste punto queremos clarificar que a nosa peticións estaba na elaboración dun mapa de postos penosos ou con moita sobre-carga. Punto que a día de hoxe inda se está a desenrolar no Comité de Seguridade e Hixiene cos Delgados de Prevención, e que xa nos adiantaron un listado con 19 postos con prioridade de rotación, que se combinará con otros con posturas ergonómicas distintas as principais, o con unha exixencia de puesto inferior.

    As rotacións levadas a cabo na UEP-3 e as que se pretenden xustificar baixo esta Proposta de Mediación, acalar que e unha decisión unilateral da Dirección de Montaxe e que nos expusemos que este non e o foro para falar de esa modalidad de rotación si non só das dos postos penalizados.

    Andon

    Dende fai tempo estábamos recibindo queixas continuas de traballadores/as, sobre todo da Quenda de Noite e Fin de Semana, de mandos que non permitían utilizar a ferramenta do ANDON, co mesmo fin polo que se implantou.

    Unha das reivindicacións de UGT, CC.OO. e CIG era a de facer público a necesidade de facer uso do ANDON, explicar quen pode rearmar e non realizar ameazas nin comparativas entre quendas.

    Na semana 24 fíxose un recordatorio, a Xerarquía, sobre os criterios do uso desta medida. E as novas incorporacións tamén se lles forman sobre en que consiste e cal é a súa finalidade previo a súa incorporación ao posto de traballo.

    Documentación asociada
    Documentación asociada