CCOO en PSA Groupe Vigo | 21 de noviembre de 2024

Nota conxunta CCOO UGT CIG

DIÁLOGO SOCIAL... ou CONFLICTIVIDADE...??

    Compañeiros/as...

    É o momento de que a Dirección depure responsabilidades e poña medios humanos, económicos e materiais para reconducir o que padecemos os/as traballadores/as da M-2.

    29/03/2019.
    CCOO te informa

    CCOO te informa

    Ninguén pode poñer en dúbida a nosa disposición no diálogo social para corrixir os problemas na definición dos postos, no equilibrado dos repartos, na fiabilidade das instalacións, na deficiencia de medios, ...etc. Isto refléxase nos tres informes que presentamos as distintas Direccións:

    • O que recolle o sentir do conxunto dos/as traballadores/as sobre as deficiencias no desempeño do traballo diario.
    • O que conten as problemáticas e necesidades que os RU ́s lle fixeron saber a súa Xerarquía.
    • Os mínimos en compromisos e solucións que demandamos as tres Centrais Sindicais ao Director do Centro, ao Director de RR.HH. e ao Director de Montaxe.

    * Incrementar o número de postos na Cadea para un mellor equilibrado dos postos.

    * Limitar os picos de alta actividade dos repartos tanto no tempo como no volume de produción e definir un mínimo de dispoñibilidade nos postos

    * Regularizar as restricións nas Composicións, establecer paradas técnicas para recompoñer a composición e informar “nos briefings” antes do comezo da xornada.

    * Nada de ameazas co uso do ANDON nin Mandos obsesionados coas chamadas. Respectemos para o que foi creado (paradas de liña para garantir a calidade).

    * Inversión en reparación e adxudicación de útiles e manipuladores que melloren ergonómicamente o traballo e a carga física.

    * Definir solucións para que os/as limitados/as de Montaxe poidan continuar a súa vida laboral noutros postos, talleres ou servizos. E elaborar un mapa de postos que requiran esixencias importantes, así como medidas paliativas para evitar que eses riscos acaben provocando lesións importantes.

    * Recuperar traballos externalizados fora de Liña para persoal con restricións.

    * Implantar pantallas visibles onde comprobar canta produción levamos feito. E definir o espazo de tódolos postos de traballo.

    * Información e explicación detallada dos RU ́s sobre tódolos cambios e modificacións dun reparto a outro.

    * Asumir responsabilidades e recoñecer o sacrificio esixido os/as traballadores/as

    O día 1 de Abril os/as traballadores/as da M-2 comezamos un novo reparto, dende ese mesmo día, seremos os/as TRABALLADORES/AS os/as XUÍCES de DECLARAR si ese Diálogo Social, que tanto se demanda dos Representantes dos/as Traballadores/as, merece a pena. Ou si realmente se nos está orientando a tomar outro tipo de decisións.

     

    Documentación asociada
    Documentación asociada