CCOO en PSA Groupe Vigo | 21 de noviembre de 2024

MEDIDAS IMPLANTADAS EN M-2 (I)

    No día de onte xa vos anunciábamos que agora seredes vos quenes decidades o camiño a seguir para mellorar Montaxe. Pero, de cara a ese referendum que faremos a pé de posto, temos a obriga de facervos chegar todas e cada unha das medidas que se acadaron durante o mes de Xullo.

    03/07/2019.
    Pantallas informativas

    Pantallas informativas

    Creación de postos

    .- 2 postos na zona de Pintura, cuxa implantación leva retraso, nos vindeiros días iraseintroducindo gradualmente operacións da UEP 50 e 52.

    .- 1 posto no desmontaxe de PLC, que absorbe operacións da UEP 50 e 52

    .- 1 posto de reforzo fixo de 8 horas por quenda, na UEP 50

    .- 1 posto polivalente na UEP 55, que tamén absorberá operacións da UEP 53

    .- 1 posto en Mecánica da UEP 61, que absorbe operacións neste Taller

    .- 1 posto polivalente en POST-ACOPLE (UEP 61), que tamén absorberá operacións de Tablillas

    .- 1 posto recuperado na zona de cristais

    .- 1 posto de reforzo fixo de 8 horas por quenda, na UEP 8

    .- 1 posto polivalente na UEP 9, que tamén absorberá operacións da UEP 8

    .- 1 posto en SMON, que tamén absorberá operacións da UEP 7. Pendente de introducirlle máis operacións da UEP 7 e UEP 8.

    Dende UGT, CC.OO. e CIG sempre defendemos que a solución de Montaxe pasaba principalmente por crear postos na Liña. Petición Sindical que se argumentaba nas propostas que trasladaban dende os propios traballadores/as, monitores e incluso RU ́s.

    A día de hoxe entre todos conseguistes que a Liña conte con 5 postos de nova creación, 3 postos polivalentes, 2 postos de reforzo e 1 posto recuperado.

    Apesares diso non imos obviar que, no mes de Xullo, inda temos UEP ́s con moitos os/as traballadores/as que continúan desempeñando postos irrealizables que precisan de axuda. Xa sexa pola carga de traballo, xa sexa polo mal equilibrado do postos, ou polo non respecto da composición. O caso e que teñen dificultades.

    Por iso, o que levades acadado ata o de agora coas vosas reivindicacións, non pode cegarnos nin impedir ver máis alá. Temos que continuar acadando melloras para a M-2 e solucións para Montaxe.

    Pantallas Informativas

    Instaláronse as pantallas que demandaban os/as traballadores/as para as zonas de PLC e Bandos. Nelas visualízase a produción que se leva a cabo e as perdas por tramo. A maiores están analizando a posibilidade de ampliar a información destas pantallas.

    Tamén se ampliou a información nas Pantallas da UEP 3 de Portas na Nave S.

    Por outro lado entendemos que a información ten que ampliarse inda máis en tódalas pantallas que están distribuídas pola Liña, incorporando os minutos consumidos de ANDON así como a perda de produción cunha antelación mínima de 20 minutos.

    Velocidade da Liña

    Sendo este un dos principais problemas que padecemos os/as traballadores/as ante RU ́s que non poden dicirlle ao seu Xefe que perderon produción, agora imos dispor dun control e seguimento público das velocidades da Liña. Colocáranse pantallas nas que se reflexará esta información.

    Namentres, os RU ́s de Mantemento da M-2 terán autorización de trasladar información da velocidade da liña aos Representantes Sindicais. E tódolos RU ́s disporán nos seus ordenadores de dita información, polo que estarán obrigados a ensinarlla aos/ás traballadores/as que así o soliciten.

    Por parte de UGT, CC.OO. e CIG tamén queremos dispor de dita información nos nosos sistemas informáticos para poder realizar un seguimento, incluso sen estar presente na Liña.

    Documentación asociada
    Documentación asociada