CCOO en PSA Groupe Vigo | 21 de noviembre de 2024

4ª REUNIÓN SEGUIMENTO DO AGA

    O pasado venres, mantivemos a cuarta e última reunión da Comisión de Seguimento do AGA. Ao longo deste mes, as tres Centrais Sindicais intentamos, xa non solo realizar un seguimento da implantación da proposta da mediadora, se non continuar avanzando noutras medidas que considerabamos importantes para mellorar as condicións de Montaxe. As cales ao longo desta semana volas faremos chegar.

    02/07/2019.

    A Empresa recoñece que non está todo feito e que hai accións que inda non están desenroladas ou que a súa implantación inda non finalizou, polo que nos propuxo continuar cun foron de negociación e diálogo aberto, no formato similar ao que levamos acabo estas últimas semanas.

    Dende UGT, CC.OO. e CIG consideramos que non imos obviar o diálogo pero, de seguir con este novo proceso de negociación deberan participar tódalas Centrais Sindicais que queiran. Inclusive a que ata o de agora non fixo nada por mellorar a M-2.

    Ao longo destas semanas, o noso grado de esixencia estaba principalmente na creación de máis postos, porque sabíamos que, a proposta dos 6 postos e a recuperación de outro, non eran suficientes para mellorar a situación da Liña da M-2.

    Sempre defendimos que, polo menos, terían que crearse 12 novos postos para que, os/as traballadores/as, comezaran a percibir algunha mellora na redución das cargas de traballo que tanto penalizan o desenrolo do posto.

    Nesta reunión a Empresa recoñece dita necesidade e nos anuncia a creación de 4 postos a máis:

    .- 1 Posto en Pintura, a máis sobre o que xa está creado, que absorberá operacións das UEP ́S 50 e 52.

     .- 1 Posto Polivalente na UEP 9, que tamén absorberá operacións da UEP 8.

    .- 1 Posto Polivalente na UEP 55, que tamén absorberá operacións da UEP 53.

    .- 1 Posto Polivalente en Post-Acople (UEP 61), que tamén absorberá operacións de Tablillas.

    Dos outros 6 postos, a Empresa recoñece que, algúns deles (un de pintura e o de SMON), inda está en proceso de desenrolo e que ao longo dos próximos días se lles irán incrementando operacións e eliminándoas da Liña de Produción.

    Cando comezamos este camiño, as tres Centrais Sindicais, xa sabíamos que ía ser custoso acadar todo aquelo que os/as traballadores/as de Montaxe necesitaban para mellorar tanto nos postos como para o desenrolo do traballo.

    Somos conscientes que, a día de hoxe non podemos dicir que os problemas de Montaxe están solucionados e que na M-2 xa está todo feito. Nin moito menos. Cando menos para estas tres Centrais Sindicais queda moito camiño por percorrer e moito traballo que facer.

    Pero, por moito que lle pese ao sindicato do papel neste conflito, temos un compromiso e imos a cumprilo. Agora serán os/as traballadores/as da M-2 quenes decidan si seguimos co camiño da negociación ou o da conflitividade.

    Documentación asociada
    Documentación asociada