CCOO en PSA Groupe Vigo | 21 de noviembre de 2024

A TODOS OS/AS TRABALLADORES E TRABALLADORAS

    Co obxectivo de resolver dúbidas que nos estades prantexando, en relación coa proposta da mediación, intentaremos resolver as máis importantes a continuación...

    04/06/2019.

    ¿ESTE DOCUMENTO É UN ACORDO?

    NON. Este documento é unha proposta prantexada pola mediadora ante a falla de acordo entre as partes. A maior discrepancia estivo no número de postos necesarios para solucionar a problemática de Montaxe M-2. Nós entendemos que fan falla máis mans para chegar a unha solución definitiva.

    ¿QUE COMPROMISOS ADQUIRIMOS OS SINDICATOS CONVOCANTES?

    Os Sindicatos convocantes non adquirimos ningún compromiso co documento, máis alá de comprobar que se implante e posteriormente verificar si estas medidas son suficientes ou non unha vez se desenrolen na Liña de Produción mediante o correspondente informe ao AGA. Comprometémonos a non convocar mobilizacións durante este mes de Xuño.

    ¿QUE PASARA SI ESTAS MEDIDAS SON INSUFICIENTES?

    Una vez implantadas se son insuficientes, estas tres Centrais Sindicais, actuaremos en consecuencia, aplicando as medidas de presión necesarias para solucionar Montaxe. Valoramos esta proposta como un paso máis dentro do que xa levamos camiñado e dos que nos quedan por andar.

    ¿PORQUE UN MES DE PRAZO?

    A Empresa mantén que é o prazo que precisa para implantar as medidas.

    ¿DAMOS POR REMATADO O CONFLITO?

    Por desgraza entendemos que non podemos pechar este conflito con esta proposta. Defendemos que as medidas recollidas nel son insuficientes, polo que unha vez estas medidas sexan implantadas, os traballadores de montaxe exerceredes de xuices e nos actuaremos en consecuencia do voso dictamen.

    CONVOCATORIA DE ASEMBLEAS DE BOCADILLO MÉRCORES 05 nas tres Quendas, M2 ,M1 e Nave S

    • Quenda B: 9H DA MAÑÁ

    • Quenda A: 17H DA TARDE

    • Quenda NOITE: 2H DA NOITE

    Documentación asociada
    Documentación asociada