CCOO en PSA Groupe Vigo | 21 de noviembre de 2024

Carta ao director / Convocatoria de folga 22 de maio

    Despois de cinco meses, esperando a reconsideración da súa equipa para elaborar un documento onde se recollan as necesidades dos/as traballadores/as, o que demandamos no é ningún capricho. É UNHA NECESIDADE.

    20/05/2019.

    A estas alturas non pode poñer en dúbida a resposta dos/as traballadores/as do Centro o pasado Xoves 16. ...Daba igual a Quenda, ...daba igual o Taller, ...daba igual o Oficio... a mensaxe era clara e concisa MONTAXE SOLUCION.

    Agora, como máximo responsable deste Centro, na súa man está respectar as necesidades básicas para desempeñar un posto de traballo en Montaxe ou continuar coa confrontación obviando a realidade.

    Xa está ben DE ACOMETER ILEGALIDADES... non lle parece suficiente o que estamos padecendo neses postos que agora inda por riba...

    ...SUBSTITÚEN TRABALLADORES/AS que deciden secundar o dereito a folga.

    ...PREGUNTAN AOS/AS TRABALLADORES/AS si van ou non secundar a folga.

    ...IMPOÑEN OS SERVIZOS MÍNIMOS sen respectar ao Comité de Folga.

    ...DISTRIBUEN UNHA NOTA INFORMATIVA a toda a Plantilla pero non llo transmiten ao Comité de Folga.

    ...FALAN DE VÍA DE DIÁLOGO pero continúan sen ter comunicación con nos.

    Non se equivoque... nos queremos solucións. Esta a tempo de transmitirlle a súa Equipa Directiva que, en lugar de elaborar notas a tódolos/as Traballadores/as, QUE ALGUEN PODE INTERPRETAR QUE INCORREN MALA FE, póñanse a traballar para que MONTAXE teña unha SOLUCIÓN.

    Poderán seguir manipulando a sociedade pero, na mente de todos e todas, aí están as imaxines do malestar dos/as traballadores/as que desempeñamos os postos de traballo.

    CONVOCATORIA DE FOLGA 22 DE MAIO

    Vigo, a 20 de Maio de 2019

    Cinco meses onde O DIÁLOGO DA DIRECCIÓN por solucionar os problemas dos postos irrealizables e as cargas de traballo abusivas segue sen contar cun documento onde se acorden as bases para a creación de postos, así como o límite das cargas de traballo nos repartos.

    Cinco meses PADECENDO O DESENCONTRO E CONFRONTACIÓN da DIRECCIÓN á hora de poñer fin aos graves problemas que implica desempeñar un posto de traballo na Cadea de Montaxe.

    Cinco meses REIVINDICANDO QUE OS/AS TRABALLADORES/AS DE MONTAXE QUEREMOS SOLUCIÓNS. En lugar de boas palabras que so serven para dilatar no tempo medidas como a creación de postos, o recorte das cargas de traballo, a internalización de operacións, ....

    Si alguén está, ...ABUSANDO do esforzo físico dos/as traballadores/as, ...INCUMPRINDO co Dereito a un posto realizable e cun límite nas cargas de traballo, ...CONFRONTANDO as necesidades dos/as traballadores/as coa obtención dos obxectivos, ....ou incluso chegado a unha posible ILEGALIDADE por obrigar a moitos traballadores/as a marcharse de baixa. .... Ten nome e apelidos... A DIRECCIÓN.

    Por elo A FOLGA DO MÉRCORES 22 ESTÁ SOLICITADA, NOVAMENTE, PARA TÓDOLOS/AS TRABALLADORES/AS DO CENTRO NOS SEGUINTES HORARIOS .

    Mércores 22:

    Quenda de Maña.- De 10:00 a 14:00 Horas

    Quenda de Tarde.- De 18:00 a 22:00 Horas

    Quenda Normal ou Central.- De 10:00 a 14:00 Horas

    Do Mércores 22 ao Xoves 23:

    Quenda de Noite.- De 02:00 a 06:00 Horas

    A Dirección está a tempo de asumir a súa responsabilidade establecendo un documento no que se vexan recollidas as necesidades dos/as traballadores/as.

    De cara a explicar mellor o proceder de dita folga, O MARTES DÍA 21 celebraremos ASEMBLEAS DE BOCADILLO NAS TRES QUENDAS: MONTAXE, NAVE- S e FERRAXE.