CCOO en PSA Groupe Vigo | 29 de marzo de 2024

REFLEXIÓN é DIÁLOGO

    Estas foron as dúas palabras que máis pronunciou onte o Director do Centro, na Reunión Extraordinaria mantida na tarde de onte, as Centrais Sindicais que levamos preto de cinco meses solicitando o mesmo para que os/as traballadores/as de Montaxe teñamos mellores condicións laborais nos postos de traballo.

    14/05/2019.

    Claro que hai que reflexionar... Claro que hai que ter diálogo... pero cando te atopas cunha Dirección que segue sen querer abordar a creación de postos, a redución das cargas de traballo, a recuperación de operacións externalizadas, a falla dun mapa de postos esixentes fisicamente, a falla dunhas rotacións que sirvan para evitar lesións, ...de que vale manter un marco de intercambio, ....de que valen as reunións periódicas, ... QUEN TEN QUE REFLEXIONAR? ...QUEN TEN QUE DIALOGAR?

    Agora recoñecen publicamente “sobrecarga de trabajo en el sistema 2”. É triste que teñamos que ter enriba da mesa a convocatoria de folga pero, aínda así, BEN VIDOS a realidade que padecemos miles de traballadores e traballadoras.

    COMPAÑIEROS e COMPAÑEIRAS...

    As tres Centrais Sindicais nunca quixemos conflito... a estas alturas quen realmente ten un conflito enriba da mesa é a Dirección por non ser quen de poñer en valor as necesidades que miles de traballadores e traballadoras vimos demandando dende ai moito tempo.

    As tres Centrais Sindicais non queríamos enfrontamento... pero, despois de catro meses prolongando a posta en marcha de medidas urxentes para mellorar as condicións laborais, compartiredes con nos que non podemos fiarnos das boas palabras inda que estas veñan do Director do Centro. Estamos abertos ao diálogo, pero queremos feitos.

    Por elo, as tres Centrais Sindicais, e así llo fixemos saber, NON IMOS DESCONVOCAR A FOLGA DO DÍA 16. En todo caso están a tempo de, REFLEXIONAR, DIALOGAR e POÑERSE A TRABALLAR se non queren que para a semana TEÑAN OUTRA CONVOCATORIA ENRIBA DA MESA.

    MÉRCORES DÍA 15 ASEMBLEAS DE BOCADILLO NAS TRES QUENDAS: MONTAXE, NAVE-S e FERRAXE.

    Documentación asociada
    Documentación asociada