CCOO en PSA Groupe Vigo | 20 de abril de 2024

A/A DOS/AS TRABALLADORES/AS DO CENTRO

    Despois de cinco días esperando unha reacción construtiva por parte da Dirección para resolver os problemas de cargas de traballo e postos irrealizables en Montaxe, como xa todos e todas coñecedes, as tres Centrais Sindicais decidimos abandonar o peche e proceder a PRESENTAR A PRIMEIRA CONVOCATORIA DE FOLGA PARA ESTE XOVES 16 DE MAIO.

    13/05/2019.

    Si a primeira, xa que, si realmente a Dirección de aquí ao mércores 15 continua dilatando máis no tempo medidas reais que fagan posible mellorar as condicións de traballo na Liña de Montaxe, procederemos á segunda convocatoria. Chegou o momento de que MONTAXE teña unha SOLUCIÓN.

    As tres Centrais Sindicais compartimos que, si ben o punto discrepante e detonante desta Folga está nos postos de Montaxe M2, non quere dicir que, A FALLA DE TACTO E ACTITUDE da Dirección, tamén está provocando graves problemas ao resto dos/as Traballadores/as do Centro.

    Unha Dirección que non escoita as necesidades dos/as traballadores/as, unha Dirección que por acadar os seus obxectivos é capaz de someternos a situacións límite, unha Dirección que non pon en valor as capacidades profesionais, ..., unha Dirección obcecada que nin tan sequera recoñece os seus propios erros.

    Por elo A FOLGA ESTÁ SOLICITADA PARA TÓDOLOS/AS TRABALLADORES/AS DO CENTRO NOS SEGUINTE HORARIOS .

        Xoves 16:

    1.           Quenda de Mañá.- De 12:00 a 14:00 Horas
    2.           Quenda de Tarde.- De 14:00 a 16:00 Horas
    3.           Quenda Normal ou Central.- De 12:00 a 14:00 Horas
    4.           Quenda de Noite.- De 22:00 a 00:00 Horas

    De cara a explicar mellor como imos proceder a facer efectivos ditos paros O MÉRCORES DÍA 15 celebraremos ASEMBLEAS DE BOCADILLO NAS TRES QUENDAS: MONTAXE, NAVE-S e FERRAXE.

    Documentación asociada
    Documentación asociada