CCOO en PSA Groupe Vigo | 21 de noviembre de 2024

Carta Aberta ao Director de RR.HH PSA PEUGEOT CITROËN

        Dise, por parte dos medios de comunicación, que lles sorprendeu a decisión que adoptamos as tres Centrais Sindicais, encerrándonos dúas plantas por riba do seu despacho.

    08/05/2019.

        Dicir que, nestes tres días de peche, coma sempre non faltaron as mensaxes subliminares á sociedade de que...”la Empresa tiene el diálogo abierto de forma permanente y con espíritu constructivo”...

        Unha mensaxe que, por desgraza, a gran parte da Plantilla, xa coñecemos cal é o seu fin ...manipular a falla de preocupación deste Departamento polas persoas que desempeñamos os postos produtivos...

         Si alguén apostou polo diálogo social, neste CONFLICTO LABORAL (que naceu coa confección dos postos da nova furgoneta na M-2), fomos nós. Aportando información e facéndolle ver que, os/as traballadores/as, non podíamos seguir desempeñando postos de traballo irrealizables e soportando repartos con cargas excesivas.

        Falan de espírito construtivo... e despois de tres días de peche, apesares de pasar a escasos 5 pasos de onde estamos... foi o único que a día de hoxe nin se dignou a darnos os Bos días.... Xa non dicimos de preguntarnos como estábamos ou sentarse a comentar sobre a situación de Montaxe como así fixeron outros.

        Catro meses, 120 días, 2.880 horas é o tempo que estes sindicatos insistimos na procura de solucións a través do diálogo. E se non, que se lle pregunte aos/ás Traballadores/as.

        Tempo no que, a pesar de recoñecernos que o Taller estaba en crise, non dubidaron en continuar permitindo a eliminación de postos de traballo na Liña de Produción, así como a externalización de operacións.

        Os que participamos na última reunión sobre Montaxe non podemos obviar que vostede mesmo, a pesar de non aportar compromisos e solucións sobre a redución de postos, repartos con cargas de traballo excesivas, elaboración de mapas de postos esixentes fisicamente,..., nos emprazou para a seguinte reunión en Xuño. Todo elo, apesares de insistir que os/as Traballadores/as de Montaxe xa non aguantaban máis, e que as súas medidas non daban solucións reais ás principais necesidades que demandamos.

    ...PARA JUNIO...VIVA EL DIÁLOGO DE PSA!!!

    Hoxe, coma onte e mañá seguiremos avogando polo diálogo. De vostede dependerá o día, a hora e as gañas de subir esas escaleiras... para DIALOGAR.

    Documentación asociada
    Documentación asociada