CCOO en PSA Groupe Vigo | 19 de abril de 2024

AO DIRECTOR DA PLANTA

  • Ignacio Bueno

No día de hoxe, os Secretarios das tres Centrais Sindicais que subscribimos este escrito estamos na sala anexa ao seu Despacho.

07/05/2019.

    Non é ningún capricho... e moito menos un menosprezo.... Compartirá que, ao igual que vostedes deben adoptar decisións para cumprir cos seus compromisos, os/as Representantes dos/as Traballadores/as tamén temos que adoptalas para mellorar as condicións laborais.

    Non poden continuar obviando a súa responsabilidade do que está a suceder en Montaxe e moito menos esixir máis produtividade aos traballadores/as, externalizar máis operacións, reducir máis postos... cando son coñecedores de todas e cada unha das deficiencias que padecemos e as necesidades que precisamos para poder desempeñar a produción e garantir un mínimo de calidade dos nosos produtos.

    Chegado este momento seguramente non faltará o típico que considere esta medida como algo persoal argumentando que...”mientras halla conflicto no habrá diálogo”, negándose a ter en consideración as demandas dos/as traballadores/as que xornada tras xornada fan posible que Montaxe continúe fabricando coches...

    Non se equivoquen... están a tempo de reconsiderar e esixirse o mesmo que nos esixen aos traballadores/as... RESPONSABILIDADE NO SEU TRABALLO.

    Estamos na Planta que ten a solución a todo...

    O feito de estar compartindo zona de traballo na terceira Planta deberá servir para que Montaxe non continúe sufrindo... Na súa man está.

    Non é a primeira vez que, os/as traballadores/as, nos vemos abocados a mostrar o noso malestar pola imposición de recortes... por elo unha vez máis...

    DENDE MAÑA MARTES 07 DE MAIO, e namentres non aia unha reconsideración da Dirección, TODOS/AS OS/AS TRABALLADORES/AS DA FÁBICA CONCENTRARÉMONOS na pista entre CASA BLANCA e NAVE E na ENTRADA E SAIDA DAS QUENDAS para arroupar aos Representantes que están pechados demandando SOLUCIÓNS PARA MONTAXE.

    Quenda de Maña entre as 14:00 e 14:15

    Quenda de Tarde entre as 13:30 e 13:45

    Quenda de Noite entre as 21:30 e 21:45

¡¡¡ MONTAXE SOLUCIÓN !!

Documentación asociada
Documentación asociada