CCOO en PSA Groupe Vigo | 21 de noviembre de 2024

NOTA CONXUNTA CCOO, CIG, UGT

  • A/A DIRECCIÓN DE MONTAXE
  • A/A DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANS E SOCIAIS

As tres Centrais Sindicais compartimos a necesidade de afrontar definitivamente a situación actual que estamos padecendo na Liña de Produción de M2.

21/02/2019.

Si co traballo feito ata agora por parte da Representación Sindical logramos que se visualizaran os problemas... para nos, esta situación que arrastramos dende o lanzamento do K-9 por esta Liña, ten que ter unha solución inmediata.

A estas alturas pouco ou nada podemos escribir do que xa está dito e falado nos diferentes foros perante a Dirección. Pero ao que non estamos dispostos é a continuar con esta FALLA DE COMPROMISOS E DE RECONSIDERACIÓNS por parte da Dirección de Montaxe.

Dende hai unhas semanas conseguimos que o Responsable de Fabricación da M-2 nos acompañara a cada unha das UEP ́s da cadea para “in situ” comprobar a realidade dos diversos problemas e dificultades que se padece coche a coche.

Nos consta que a Xerarquía de Montaxe os coñece.... porque é o seu deber. Pero si pensaban que escondéndoos ían desaparecer...SE EQUIVOCABAN. O que están a facer é EMPEORÁNDOOS AÍNDA MÁIS.

De aí a necesidade de recoñecelos e afrontalos... a mala configuración dos repartos, o non respecto da composición, a falla de delimitación dos postos, a degradación dos medios e útiles industriais, o escaso tempo nas operacións, ...así como o mal uso que se lle está a dar aos 11 minutos de Andon e a recuperación de traballos externalizados.

A situación en Montaxe nos últimos tempos é grave, pero o que está a suceder na M2 non ten precedentes. Nesta ocasión, as duras condicións de traballo que se esixe e a falla de comunicación e información por parte da Xerarquía converténdonos aos/as traballadores/as como parte do problema, fai que, dunha vez por todas, os/as que teñen a Responsabilidade do que está a suceder ASUMAN A SÚA INEFICACIA e se impliquen aportando os medios materiais e económicos precisos para que cada UEP resolva as queixas e dificultades que demandamos os/as traballadores/as.

É o momento de poñer enriba da mesa solucións e compromisos. Para as tres Centrais Sindicais que subscribimos este escrito o Dialogo Social pasa por dispor, no reparto do mes de Marzo, unha M2 con postos realizables e unhas condicións de traballo óptimas.

Documentación asociada
Documentación asociada